Palabras binarias
Informática para lingüistas

Amosando entradas etiquetadas con Lingüística:

Funcionan ben as ferramentas de transcrición automática en lingua galega? Está a calidade da transcrición ao nivel doutras linguas maioritarias? Vexámolo... Avaliamos Whisper, HappyScribe, Transkriptor, TurboScribe e Proxecto Nós.

Neste vídeo facemos unha pequena demostración das posibilidades de uso de ChatGPT, a aplicación de intelixencia artificial que está dando moito que falar nas últimas semanas, nalgunhas tarefas relacionadas coa lingüística.

Neste taller aprenderás a programar na linguaxe de programación Python. Unha vez completado o taller saberás facer pequenos programas que che permitirán realizar diferentes tarefas relacionadas coa lingüística de corpus: estandarización de datos, creación de listas de frecuencias condicionadas, construción de dicionarios etc.

Neste vídeo explicamos os conceptos de palabra ortográfica e elemento gramatical, que aparecen nalgúns sistemas de consulta en corpus, e ilustramos como manexalos á hora de consultar o Corpus de aprendices del español (CAES).

Neste artigo podes ver que é o que diferencia a cada tipo de corpus: corpus de referencia, corpus oral, corpus sincrónico, corpus diacrónico, corpus de aprendices, corpus multilingüe, corpus aliñado etc.

Un corpus textual é un conxunto de textos, codificados dixitalmente, que comparten unha ou varias características. Preme nesta entrada para saber máis ao respecto.