Palabras binarias
Informática para lingüistas

Palabras Binarias é unha iniciativa de NLPgo que ten por obxectivo transmitir coñecementos informáticos e de lingüística de corpus a persoas do ámbito da lingüística.

Para acadalo, á hora de redactar os artigos, intentamos presupoñer o menor número de coñecementos necesarios para entendelos, aínda que, como é lóxico, hai contidos con diferentes temas e graos de dificultade.

Aínda que a nosa audiencia ten un perfil relacionado coa lingüística, debido á temática dalgúns artigos, estamos seguros de que os traballos de corte máis xeralista poderán ser de utilidade tamén para persoas doutros eidos.

Esperamos que desfrutes da lectura.

O equipo de NLPgo.