Permanente: 7/24
En liña
clock-watch 2h 40'
Prazas ilimitadas
20€ (impostos aplicables incluídos)
language Idioma: Español

A quen vai dirixido?

  • A estudantes de grao, máster ou doutoramento en lingüística e outras áreas de coñecemento próximas.
  • A lingüistas que queiran iniciarse na aplicación de métodos estatísticos para profundizar nas súas investigacións.

De que trata o taller?

Este taller é unha introdución a conceptos estatísticos que permiten realizar análise cuantitativa en corpus lingüísticos. Explícanse algúns conceptos básicos da estatística descritiva (frecuencia absoluta, frecuencia relativa, proporcionalidade, regra de tres, porcentaxe, distribución de frecuencias, distribución normal estándar, medidas de tendencia central e medidas de dispersión) e da estadística inferencial (procedemento xeral, tests estatísticos e ji-cuadrado), acompañando as explicacións de exemplos relacionados coa lingüística de corpus.

Que aprenderei?

Aprenderás conceptos básicos da estatística que poderás aplicar nas túas investigacións basadas en corpus lingüísticos.

É necesario ter algún coñecemento previo para realizar o taller?

Este taller é de carácter introdutorio e non é necesario ningún coñecemento previo para realizalo. So necesitas saber o que é un corpus lingüístico.

Que necesito instalar para acceder ao taller?

O único que necesitas é un ordenador cun navegador e unha conexión a Internet para acceder á nosa plataforma de formación e ver os vídeos coas explicacións.

Para sacar o máximo proveito ao taller recomendámosche que teñas a man papel, lápiz e calculadora (independente do ordenador no que estás vendo os vídeos).

Quen é o docente que imparte o taller?

O docente que imparte o taller é Mario Barcala, director de NLPgo Technologies, S.L. e docente en diferentes cursos, talleres e seminarios para lingüistas. Mario é doutor en computación, especializado en lingüística computacional, e cuenta cunha amplia experiencia, tanto no desenvolvemento de aplicacións informáticas na área da lingüística como na impartición de talleres para lingüistas.

Organización

O taller consiste en 2 horas e 40 minutos de grabacións de vídeo, onde Mario explica diferentes conceptos e propón e ressolve diferentes exercicios prácticos. Podes plantear todas as dúbidas que che xordan mentres realizas o taller cando quieras a través dun foro xeral dispoñible no taller ou enviando unha mensaxe directa a Mario desde o servizo de mensaxería da propia plataforma de formación.

Cando poderei realizar o taller?

Desde o momento en que te rexistras podes realizar o taller en calquera momento y ao teu ritmo. Unha vez te rexistras, o acceso ao taller é permanente, para que poidas revisitar todo o contido sempre que queiras.

Índice de contidos

  1. Introdución
  2. Estatística descritiva
    • Frecuencia
    • Proporcionalidade
    • Regra de tres simple directa
    • Porcentaxe
    • Distribución de frecuencias
    • Histograma de frecuencias
    • Distribución normal estándar
    • Medidas de tendencia central: media, mediana y moda
    • Medidas de dispersión: rango y desviación típica o estándar
  3. Estatística inferencial
    • Conceptos
    • Procedemento
    • Tests estatísticos: ji-cuadrado
  4. Conclusións
  5. Bibliografía