Este taller ya se ha celebrado. Si quieres estar informado sobre cuándo se volverá a impartir, puedes suscribirte a nuestro boletín en la campana del menú superior.
NOTA: Tes unha versión deste taller dispoñible permanentemente (que podes cursar cando queiras e ao ritmo que queiras) na seguinte ligazón: https://www.palabrasbinarias.com/gl/workshops/2024-04-10-taller-online-aprendendo-a-usar-o-terminal
A quen vai dirixido?
- A estudantes de grao, máster ou doutoramento en lingüística e outras áreas de coñecemento próximas.
- A calquera lingüista que traballe habitualmente con corpus.
De que trata o taller?
Este taller é unha introdución ao uso do Terminal (ou intérprete de comandos), a pantalla con fondo negro ou branco empregada habitualmente por informáticos. Explicaremos o seu uso desde cero, centrándonos especialmente nos comandos particularmente útiles para realizar tarefas relacionadas coa lingüística de corpus: cambio de codificación de ficheiros, listas de frecuencias, buscas e reemprazos etc.
Que aprenderei?
Aprenderás a traballar co Terminal e a usar diferentes comandos para realizar tarefas relacionadas coa lingüística de corpus.
É necesario ter algún coñecemento previo para realizar o taller?
Este taller é de carácter introdutorio e non é necesario ningún coñecemento previo para realizalo. Solo necesitas saber o que é un corpus lingüístico.
Que necesito para seguir o taller?
Para seguir o taller necesitarás un ordenador con Windows 10, Mac OS X o Linux (calquera distribución), un navegador (Firefox o Google Chrome), o editor Visual Studio Code e unha conexión a Internet capaz de soportar videoconferencia (> 2.5Mbps de descarga y > 1Mbps de subida - Calcular velocidade), auriculares, un micrófono e unha webcam (opcional). Moitos portátiles xa teñen integrados un micrófono e unha webcam que son suficientes para seguir o curso.
Uns días antes do comezo do taller recibirás instruccións para instalar todo o necesario para realizar as prácticas. Durante a primeira sesión resolveremos os problemas que puideran xurdir ao realizar esta instalación.
Quen será o docente que impartirá o taller?
O docente que impartirá o taller é Mario Barcala, director de NLPgo Technologies, S.L. e docente en diferentes cursos, talleres e seminarios para lingüistas. Mario é doutor en computación, especializado en lingüística computacional, e conta cunha ampla experiencia, tanto no desenvolvemento de aplicacións informáticas na área da lingüística como na impartición de talleres para lingüistas.
Organización
O taller consistirá en 15 horas de emisión por videoconferencia, nas que Mario explicará os conceptos pertinentes e guiará aos asistentes na realización de diferentes exercicios prácticos.
Índice de contidos
- Preparación: Instalación das ferramentas necesarias e preparación da contorna de traballo
- Introdución
- Ficheiros e cartafois:
- Tipos de ficheiros
- Formatos
- Estrutura de carpetas
- Rutas
- Comandos de ficheiros e carpetas
- Exercicios
- Contenido de los ficheros
- Codificación de caracteres
- Comandos de conenido dos ficheiros
- Entrada e saída estándar
- Tubaxes
- Exercicios
- Expresións regulares
- Manexo de corpus: Traballo con texto plano (palabras ortográficas) e texto analizado (elementos gramaticais) en diferentes formatos (TXT, CSV e XML)
- Conclusiones
- Bibliografía