Palabras binarias
Informática para lingüistas

28 de decembro de 2022 / 10:00 - 13:00 (Horario de España)

En liña

3 horas lectivas

20 prazas

20€ (impostos aplicables incluídos)

Idioma: Español

Este taller xa se celebrou. Se queres estar informado sobre cando se volverá a impartir, podes subscribirte ao noso boletín na campá do menú superior.

Existe unha versión grabada e editada deste taller que está dispoñible en: https://www.palabrasbinarias.com/workshops/2023-03-18-taller-online-de-conceptos-estadisticos-aplicados-a-la-linguistica-de-corpus

A quen vai dirixido?

  • A estudantes de grao, máster ou doutoramento en lingüística e outras áreas de coñecemento próximas.
  • A lingüistas que queiran iniciarse na aplicación de métodos estatísticos para profundizar nas súas investigacións.

De que trata o taller?

Este taller é unha introdución a conceptos estatísticos que permiten realizar análise cuantitativa nos corpus lingüísticos. Explicaranse algúns conceptos básicos da estatística descritiva (frecuencia absoluta, frecuencia relativa, proporcionalidade, regra de tres, porcentaxe, distribución de frecuencias, distribución normal estándar, medidas de tendencia central e medidas de dispersión) e da estatística inferencial (procedemento, tests estatísticos e ji-cuadrado).

Que aprenderei?

Aprenderás conceptos básicos da estatística que poderás aplicar nas túas investigacións sobre corpus lingüísticos.

É necesario ter algún coñecemento previo para realizar o taller?

Este taller é de carácter introdutorio e non é necesario ningún coñecemento previo para realizalo. Só necesitas saber o que é un corpus lingüístico.

Que necesito instalar para acceder ao taller?

O único que necesitas é un ordenador con Firefox ou Chrome e unha conexión a Internet para conectarte á videoconferencia. Uns días antes do taller recibirás unha ligazón á que te deberás conectar desde Firefox ou Chrome. O navegador solicitarache permisos para acceder ao micrófono e/ou a cámara e xa poderás entrar na sala.

Para sacar o máximo partido ao taller recomendamos que teñas a man papel, lápiz e calculadora (independente do ordenador no que estamos vendo o taller).

Quén será o docente que impartirá o taller?

O docente que impartirá o taller é Mario Barcala, director de NLPgo Technologies, S.L. e docente en diferentes cursos, talleres e seminarios para lingüistas. Mario é doutor en computación, especializado en lingüística computacional, e conta cunha ampla experiencia, tanto no desenvolvemento de aplicacións informáticas na área da lingüística como na impartición de talleres para lingüistas.

Organización

O taller consistirá en 3 horas de emisión por videoconferencia, nas que Mario explicará os conceptos pertinentes e guiará aos asistentes na realización de diferentes exercicios prácticos.

Índice de contidos

  1. Introdución
  2. Estatística descritiva
    • Frecuencia
    • Proporcionalidade
    • Regra de tres simple directa
    • Porcentaxe
    • Distribución de frecuencias
    • Histograma de frecuencias
    • Distribución normal estándar
    • Medidas de tendencia central: media, mediana e moda
    • Medidas de dispersión: rango e desviación típica ou estándar
  3. Estatística inferencial
    • Conceptos
    • Procedemento
    • Tests estadísticos: ji-cuadrado
  4. Conclusións
  5. Bibliografía