Palabras binarias
Informática para lingüistas

Amosando entradas etiquetadas con Informática:

Neste vídeo facemos unha pequena demostración das posibilidades de uso de ChatGPT, a aplicación de intelixencia artificial que está dando moito que falar nas últimas semanas, nalgunhas tarefas relacionadas coa lingüística.

Neste taller aprenderás a programar na linguaxe de programación Python. Unha vez completado o taller saberás facer pequenos programas que che permitirán realizar diferentes tarefas relacionadas coa lingüística de corpus: estandarización de datos, creación de listas de frecuencias condicionadas, construción de dicionarios etc.

A organización básica da información nun ordenador baséase no emprego de cartafois e ficheiros. Neste artigo explicamos os conceptos de cartafol e ficheiro e a tipoloxía dos ficheiros.