Palabras binarias
Informática para lingüistas

Amosando entradas etiquetadas con Informática:

Funcionan ben as ferramentas de transcrición automática en lingua galega? Está a calidade da transcrición ao nivel doutras linguas maioritarias? Vexámolo... Avaliamos Whisper, HappyScribe, Transkriptor, TurboScribe e Proxecto Nós.

Se queres ver unha demostración sinxela sobre como compartir ficheiros empregando OneDrive, só tes que entrar a ver este vídeo. Podes empregar isto para compartir ficheiros moi grandes por correo electrónico.

Neste vídeo facemos unha pequena demostración das posibilidades de uso de ChatGPT, a aplicación de intelixencia artificial que está dando moito que falar nas últimas semanas, nalgunhas tarefas relacionadas coa lingüística.

Neste taller aprenderás a programar na linguaxe de programación Python. Unha vez completado o taller saberás facer pequenos programas que che permitirán realizar diferentes tarefas relacionadas coa lingüística de corpus: estandarización de datos, creación de listas de frecuencias condicionadas, construción de dicionarios etc.

A organización básica da información nun ordenador baséase no emprego de cartafois e ficheiros. Neste artigo explicamos os conceptos de cartafol e ficheiro e a tipoloxía dos ficheiros.